O atletismo galego viviu a súa Gala Anual

O Concello da Estrada acolleu no día de onte a XII Gala do Atletismo Galego anual que cada ano distingue ós/ás mellores deportistas en cada unha das súas especialidades e categorías.

Ó acto acudirían unha boa parte das autoridades sociais e políticas da nosa comunidade encabezadas polo anfitrión da gala, o alcalde do Concello da Estrada, José López Campos. Por parte da Xunta de Galicia acudiría o Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete, o Director Xeral de Política Lingüística, Valentín García así como un importante número de alcaldes e concelleiros que tamén quixeron estar presentes no acto.

Isidoro Hornillos presidente da FGA, abriría a noite cun discurso ós asistentes onde sinalaría os acontecementos deportivos máis importantes da tempada pasada, centrando boa parte da súa intervención na  “ … posta en funcionamento dunha das mellores pistas cubertas do mundo en Ourense o que representa un logro vital para o noso atletismo en canto a infraestructuras se refire”.

Pola Gala, que estaría dirixida polo presentador Carlos García Verdugo, irían pasando un importante número de atletas cuxos méritos foron ter acadado algunha medalla nacional, internacional, ou récord galego absoluto. As premiacións ás traxectorias deportivas recaerían en Dolores Tasende, Ramón Magariños e Suso Silva.

Manuel Rosales recibiría de mans de Isidoro Hornillos e José Ramón Lete a medalla de Ouro da Federación Galega de Atletismo a toda unha vida adicada ó atletismo.

Na premiación ó mellor club sería un ano máis para a Sociedad Gimnástica de Pontevedra, sendo Agustín Gónzalez “Tinín” quen levaría a distinción no apartado de adestradores.

No bloque de atletas Máster, Esther Pedrosa e José Vicente Rioseco serían os mellores do ano 2018 ó igual que Nerea Iglesias e Hugo García no apartado de atletas revelación.

Saleta Fernández e Adrían Ben subirían a recoller a súa distinción no apartado Sub23 acaparando todas as atencións a premiación ós mellores atletas absolutos que corresponderían a Ana Peleteiro e novamente a Adrián Ben.

Ca foto de prensa e de familia de todas as premiadas/os e autoridades sobre o escenario, remataría esta Gala 2018.

Compartir: