Resultados

González e Hurtado acadan o autonómico dos 10.000 m.

Como era de agardar Ariana González do Trega e Manuel Hurtado da Gimnástica de Pontevedra, impuxéronse no Campionato de Galicia dos 10.000 m. que se disputou na mañá do domingo nas pistas marinenses de A Raña. Ambos, que partían como claros favoritos, establecerían uns rexistros de 40:46.55 e de 32:09.67 respectivamente nunha xornada que estaría marcada polas altas temperaturas que farían abandonar a un bo número de participantes.

A competición daría comezo con distintas probas de 500 m. para as categorías base do atletismo, que deron paso a primeira das probas correspondentes ó campionato de Galicia. Nesta proba dos 5.000 m. femininos, imporíase na categoría Sub20 Sonsoles Martín do ADAS Proinor como xa fixera na edición do ano pasado, establecendo un rexistro de 18:16.7 correspondendo o título galego na categoría Sub18 para Lucía Varela do Atletismo Friol con 19:42.3. Nesta mesma distancia a victoria na categoría masculina Sub18 foi para Alex Goberna do AVA con 16:37.26.

No resto de categorías os resultados quedaron da seguinte maneira:

Cristina Torres do C.A. Santiago con 47:01.96 e Xavier Rodríguez do Lucus CRG con 34:07.81 na categoría Sub23; Ariana González do Trega con 40:46.55 e Esteban Díaz do Trieume As Pontes con 33:58.81 na Máster 35; Santiago Piñeiro do A.Samertolameu con 35:31.37 na Máster 40; Ana Isabel López do C.D.Pinarium con 50:41.54 e José Carlos Ferreira do CAR Marisqueiro con 37:47.50 na Máster 45; Daniel de la Torre do San Miguel de Marín con 35:41.74 na Máster 50; Antonio Fuertes do Real Club Celta con 39:36.01 na Máster 55 e Manuel Suárez do Veteranos de Samil con 39:12.17 na Máster 60.

Podios do Campionato – Marín 2019

Compartir: