Resultados

O domingo dispútase o galego de 5 km. en ruta

O vindeiro domingo día 17 de marzo celébrase no circuíto urbano e homologado de As Pontes o X Campionato de Galicia de 5 Km. en ruta para a categorías absoluta, Sub18, Sub20, Sub23 e Máster.

O evento está organizado pola Federación Galega de Atletismo e o Concello de As Pontes.

A saída, que será as 11:00, xuntará a destacadas/os atletas entre os que sobresae Paula Mayobre gañadora o ano pasado na categoría absoluta feminina e que aspira a revalidar o título. Xunto a la tamén estarán presentes as gañadoras da pasada edición nas súas respectivas categorías como Laura Santos do Lucus Caixa Rural na Sub23, e Sonsoles Martín do ADAS Proinor na Sub20.

Nas/os Máster contarase tamén ca participación de varios dos gañadoras/es da edición pasada entre os que se atopan Amador Pena do C.A. O Pino na categoría M35; Karina Pasandín do Verxel Nutrición na F40, Juán Antonio Gude do Lucus Caixa Rural na M45, Samuel José Veiga do Atletismo Milladoiro na M50, María Elisa Paz do Egovarros de Viveiro na F60; María Esther Martínez do C.A. Sada na F60; Nemesio Gutiérrez do Atletismo Friol na M60; Pilar Hermo de La Mochila del Deporte na F65 e Domingo Alvarez do Egovarros de Viveiro na M65.

Compartir: