Resultados

Bos rexistros no Campionato Galego Sub16

Un importante número de atletas serían os que tomarían parte esta fin de semana no XXXII Campionato de Galicia Sub16 de Pista Cuberta desenvolto en Ourense.

As actuacións, que estarían marcadas pola gran deportividade e rivalidade, deixarían un importante número de bos rexistros.

Para comezar, Carmen de la Fuente do Ourense Atletismo, faría bos os pronósticos impoñéndose na final dos 300 m. con 42.74 o mesmo que María Degnesh do Millaraio nos 1.000 m. con 3:08.56.

Lucía Sánchez del Valle do Franciscanos de Lugo, convertiríase na protagonista feminina do campionato polos seus excelentes rexistros tanto na lonxitude que rematría con 5.37 m. como nos 60 valos nos que chegaría a marcar 9.30, e que a sitúan nos primeiros postos do ranking nacional. Esta mesma atleta sumaría un título máis na proba de altura con 1.54 m.

A líder do ránking nacional en triplo Alba Cuns do Atletismo Negreira, gañaría con superioridade no concurso, marchando xa no primeiro salto ata os 11.47 m.

Seguindo cos concursos, o lanzamento de peso sería do máis interesante co triunfo de Xiana Lago da A.D. Olimpia quen no último intento lanzaba ata ós 11.66 m. Destacadas tamén ós 10.46 m. de Erea Bastón do Vila de Cangas e de Laura Rico do Ría Ferrol con 10.40 m. quenes completarían o podio.

Por último, notable actuación da atleta do ADAS Proinor Lola Bouza quen sobre o concurso de pértega chegaría ata os con 3.02 m.

Xa na categoría masculina, un dos homes destacados sería o céltico Martín Barcia quen se faría cos triunfos tanto nos 60 m. como no triplo con excelentes rexistros de 7.48 e 11.92 m. respectivamente.

Nos 60 valos o principal favorito Luan Henrique do ADAS Proinor, sacaría a relucir a súa superioridade para facerese co título autonómico marcando uns notorios 8.80, entrando na segunda posición David Vicente do Rías Baixas con 9.03.

Para rematar nos concursos, primeiros postos destacados para Mateo Aller do Millaraio en altura con 1.71 m. e para Aaron Otero do Vila de Cangas no peso con 13.76 m.

Resultados do Campionato de Galicia de Pista Cuberta Sub16 2019

Compartir: