Resultados

Excelentes resultados do galego Sub18 e Sub20

Bo campionato de Galicia o que presenciamos no día de hoxe na Pista Cuberta de Ourense correspondente ás categorías Sub18 e Sub20 e que deixaría un importante número de mellores marcas persoais así como unha boa cantidade de rexistros destacados.

Comezando pola categoría Sub18, salientables actuacións sobre os 200 m. tanto de Carlos Álvarez da A. Lucense como de Nerea Iglesias do Fontes do Sar quenes se imporían cuns excelentes rexistros de 22.83 e de 25.39.

Raúl Cortizo da Gimnástica, sería un dos protagonista logo de sumar os triunfos nos concursos de lonxitude e de altura cuns destacados de 6.83 m. e 1.91 m. respectivamente

Continuando cos concursos, Yago Boleas da Gimnástica en triplo, chegaría ata os  13.41 m. ó igual que a lanzadora do A.F. Celta Paula Piñón quen mandaría os 3 kg. de peso ata os nada menos que 12.45 m. Sen abandonar o lanzamento,  interesantes resultarían os 14.89 m. protagonizados polo atleta do Celta de orixe venezolano, Miguel Ángel Granado.

Lucas Lorenzo da A. Lucense sobre os 60 m.v. con 8.43 sería outro dos atletas destacados

Categoría Sub20

A categoría Sub20 tería en Elian Numa do Coruña Comarca ó seu atleta relevante, logo de protagonizar as victorias sobre os 400 m. cuns destacados  49.63 e sobre os 800 m. con 1:58.05.

Carlos Argibay do S.Gimnástica pola súa banda e sobre o doble hectómetro, marcaría uns bos 22.54, o mesmo que Olaia Guisela Becerril do A.F. Celta quen deixaría por hoxe o foso de lonxitude para rematar os 60 m. con 7.76.

Por último o lanzador do Riazor Coruña Jaime Arias, chegaría ata os nada despreciables 15.43 m. no concurso de peso.

Resultados

Compartir: