Resultados

Unha vintena de atletas ó nacional absoluto de Antequera

Esta fin de semana de novo a pista cuberta de Antequera será o lugar escollido onde se vai a desenvolver o LV Campionato de España de Pista Cuberta á cal acudirán unha vintena de atletas galegos e galegas.

A priori agárdase un campionato interesante e positivo en liñas xerais en canto a resultados para as nosas/os atletas, ainda que sen lugar a dúbidas a ausencia tanto de Belén Toimil como de Saleta Fernández ambas lesioadas, restará claras opcións de medallas.

Importantes e claras bazas

A superioridade que ven mantendo Ana Peleteiro na proba de triplo salto onde este ano saltaría ata os 14.51 m. asemella non estar ó alcance de ningunha rival, situando a de Ribeira nun obxectivo superior que apunta cara os europeos de Glasgow. Xunto ela saltará no mesmo concurso Ruth Ndoumbe quen se presenta ocupando o sexto lugar do ránking nacional con 12.94 m. e ca intención de loitar por estar o máis preto posible das posicións de honra.

Solange Pereira tomará parte na proba dos 1.500 m. logo de establecer a finais do mes pasado a mínima para tomar parte nos europeos de Glasgow con 4:10.39. Sen lugar a dúbidas unha das carreiras do campionato, será a que manteña polo triunfo con Marta Pérez.

Jean Marie Okutu acude a Antequera cunha MMT de 7.66 m. e ca mente posta non só no podio do nacional, se non en saltar ata os 7.95 m. que lle garante unha praza no equipo que viaxará ó europeo. Moita igualdade será a que contemple este ano o concurso de lonxitude na que hai nada menos que catro atletas por diante do de Marín no ránking nacional.

Adrián Ben que iniciaría está tempada de maneira espectacular, participa ca seguridade que lle da saber que é atleta en idade Sub23. O seu rexistro de 3:42.25, que é mínina para Glasgow, vaille permitir loitar ca élite nacional na que de todo se pode agardar do viveirense. Non menos espectacular está a ser a progresión de Paula Iglesias do Riazor Coruña quen cos seus 54.02 do pasado fin de semana no nacional Sub23, pulverizaría a súa MMP en máis dun segundo acadando de paso, o récord galego absoluto que a sitúan na relación de aspirantes a medalla.

Outra das bazas importantes será a de Tariku Novales quen sairá na proba dos 3.000 m. logo de establecer co seu rexistro de 8:03.22 o pasado día 6 de febreiro un novo récord galego Sub23. Malia que ten a nove atletas por riba del no ránking nacional, a súa marca representa a mellor da súa categoría.

Atención ó velocista Mauro Triana que intentará rebaixar os seus 21.48 cos que poder loitar por un posto de finalista nos 200 m. ó igual que Raquel Meaños na proba dos 800 m. que acude a Antequera ca sétima mellor marca das participantes e que na que xa o ano pasado quedaría as portas do podio. Xunto o coruñés correrá no doble hectómetro Sergio Rodríguez disposto a baixar de novo, dos vinte dous segundos.

Na lonxitude Leticia Gil loitará por estar sobre os 6.10 m para aspirar a un bo posto na final sin descartar gratas sorpresas si é quen de saltar os 6.23 do ano pasado. A nova promesa internacional do Atletismo F. Celta  Olaia Guisela Becerril acompañará no mesmo concurso a valdeorresa.

Os valados con cinco participantes, será a proba que conte con máis presenza galega: Uxía Pereira, Alicia Merino, Antía Martínez,Teresa Rodríguez e Miguel Pérez. Pola súa banda a campioa galega Nerea Iglesias do Fontes do Sar tomará parte nas probas de volocidade tanto dos dos 60 m. como dos 200 m.

Por último, prestaremos atención ás combinadas nas que se atopan inscritas as atletas celestes Eva Queimaño e Alicia Merino

Información Campionato de España

Relación de atletas galegas/os inscritas/os

Compartir: