Resultados en directo  

Campionato de Galicia de Péntatlon de Lanzamentos

Un total de vinte lanzadores daranse cita nas pistas do CGTD de Pontevedra o domingo a partir das 09:45 horas, para tomar parte no IV Campionato de Galicia de Péntatlon de Lanzamentos Máster.

Na relación de inscritos que sairán a concursar, cabe salientar a presenza da xavelinista biolímpica en Atlanta 1996,  Sydney 2000 e subcampioa mundial en Gothenburg 95,  Felicea Tilea do Scorpio-71 quen tomará parte na categoría Máster 50. Emilia Mesa do Ourense Atletismo récordman nacional e múltiple medallista internacional na categoría Máster 65, será outra das concursantes destacadas.

De igual modo tamén estarán nas pistas do CGTD Carlos Ferrer e Irene Fernández do Atletismo Narón, Antonio Javier Pereira do Cuntis e Irene Fernández do Narón, todos eles e elas gañadores galegos o ano pasado neste mesmo escenario e campionato.

Lembramos que este autonómico está formado por un total de cinco concursos (martelo, peso, disco, xavelina e martelo pesado) sendo obrigatorio ter polo menos un rexistro de tres probas para aspirar ó título.

Relación de atletas inscritos/as

Compartir: