Cita Máster de campo a través en Fene

O domingo día 10 de febreiro acontecerá a disputa do XXXIII Campionato de Galicia Máster individual e por equipos de Campo a Través que contará coa participación de máis de 300 atletas en representación de medio cento de clubs.

Esta edición viaxa ata o Concello de Fene quen volve a acoller unha cita autonómica destas características nun escenario de auténtico luxo para o campo a través.

As probas, que se desenvolverán a carón do Instituto de Educación Secundaria de Fene, darán comezo as 10:30 horas ca saída das mulleres sobre unha distancia de 4.900 m. dando paso as 11:15 h. a saída dos Máster masculinos maiores de 45. A última proba será ás 12:00 h. na que tomarán parte os atletas masculinos de 35 a 45 anos nun circuíto de 6.500 m.

Cabe salientar a presenza destacada de importantes atletas na que ademáis de estar en xogo os títulos individuais tamén se decidirán os títulos autonómicos por equipos. Entre os inscritos figuran Carmen Novo, Xavier Díaz e Javier Toro do Verxel Nutrición, Teresa Castro do Atletismo Noia, Ramón Serantes do Marineda, Samuel Veiga do Millaraio, Elisa Paz do Egovarros de Viveiro, José Bouza do Narón,  Xosé Luis Otero do Universitario de Santiago e Antonio Hernández de La Mochila del Deporte, todos eles campións de Galicia nas súas respectivas categorías na edición do ano pasado en Cabanas. A maiores está tamén confirmada a participación de Sole Castro do Comesaña S.C.

Como dato, o participante con máis idade de todos os inscirtos é Antonio Cabana do Egovarros de Viveiro nado no ano 1940.

Horario – Caixóns de saídas – Cámara de chamadas

Guía do campionato

Compartir: