Resultados en directo  

Queimaño e Saínz Maza, dominaron o galego de combinadas

Baixo un calendario oficial de probas ateigado de grandes citas, desenvolveríase no módulo cuberto de Lugo esta fin de semana o Campionato de Galicia de Probas Combinadas.

Nesta edición os títulos corresponderían ós atletas internacionais do Celta, Eva Queimaño con 3.120 puntos e Adolfo Saínz Maza, con 4.698 p. quenes cumpriron os pronósticos proclamándose campións galegos absolutos.

A celeste tan só cedería no concurso de altura que sería gañado por Lucía Seijas da Atlética Lucense (prata con 2.666 puntos) así como na proba dos 800 m. na que sería superada pola leonesa  Raquel Martínez quen tomaba parte fora de concurso. A medalla de bronce foi para a tamén céltica Sub23 Xela Calvo con 2.377 puntos

A atleta Sub16 do Franciscanos de Lugo Lucía Sánchez del Valle sería outra das destacadas xa que establecería no concurso de Pentathlon unha puntuación de 3.240 puntos o que podería representar (á espera do que determine o CGX) un novo récord galego Sub16.

Nos homes Adolfo Saínz Maza dominaría o concurso de lonxitude con 6.52 m.; peso con 11.54 m. e altura con 1.92 m. sumando un total de 4.698 puntos. O subcampionato de Galicia iría parar ás mans de Alejandro Romero do Atletismo Narón con 4.025 puntos sendo o bronce para o tamén naronés Adrián Carreira con 2.506 puntos

Os campións de Galicia na presente edición foron os seguintes:

  • Campións galegos absolutos:  Eva Queimaño do A.F. Celta con con 3.120 puntos e Adolfo Saínz Maza do R.C. Celta con 4.698 p.
  • Categoría Sub16: Lucía Sánchez del Valle do Franciscanos de Lugo con 3.240 p. e Mateo Aller do C.A. Millaraio con 2.900 p.
  • Categoría Sub18: Andrea Reija do A.F. Celta con 2.991 p. e Yago Boleas da S.Gimnástica con 4.209 p.
  • Categoría Sub20: Eva Queimaño do A.F. Celta con 3.120 p. e Mario Cabaleiro do C.A. Santiago con 3.735 p.
  • Categoría Sub23: Xela Calvo do A.F. Celta con 2.377 p.
  • Categoría Máster masculino: José Domínguez da Atlética A Silva con 3.103 p.; Fernando Míguez do C.A. Sada con 2.280 p. e Javier Viteri do Ourense Atletismo con 2.828 p. e Victor José Méndez do Atletismo Rías Baixas con 2.114 puntos.
  • Categoría Máster feminino: Cristina Estévez do A.F. Celta con 2.955 p.

Resultados

Compartir: