A II Copa de Clubs Máster desenvolverase no Pazo dos Deportes de Riazor o vindeiro día 2 de febreiro, logo de que o Concello da Coruña anunciara que as datas nas que estaba fixado (16 de febreiro), estarán ocupadas para acoller a disputa da Copa Raíña de Hockey Patíns.
Esta medida, que obriga a adiantar a celebración do campionato unha semana, sería consultada no día de onte ós membros da Comisón Delegada que darían a súa conformidade ó citado cambio.
Por tal motivo o prazo límite de presentación do estadillo para aqueles clubs interesados, pasará a ser a do luns día 28 antes das 20:00 h.