Resultados en directo  

Trinta anos de marcha nos campionatos de Galicia

Preto de 160 marchadoras e marchadores tomarán a saída o sábado día 19 a partir das 16:45 horas no Campionato de Galicia de Marcha en Ruta que se desenvolverá polas rúas do Concello de A Probra do Caramiñal, e que se disputará conxuntamente co I Trofeo de Barbanza de atletismo en ruta. Con esta edición cúmprense trinta anos de marcha nos campionatos galegos no que ven representando un importante e destacadísimo sector do noso atletismo.

A nivel de inscritos, contarase cá actuación da atleta internacional Antía Chamosa do C.A. Valladolid quen tomará parte na proba dos 10 km. xunto a súa compañeira de equipo Leyre Aramburu. Xunto elas, destacada presenza de Mar Chillón do A.F. Celta, e das dúas marchadoras do Ría Ferrol, Iria Iglesias e Samantha Mulloni.

Na categoría masculina Daniel Chamosa, quen está saindo dunha lesión, parte como cabeza de cartel dunha proba que contará ca presenza do actual campión Jose Fernández do R.C. Celta quen aspira a reter o título. Juan Manuel Morales do Marineda será outro dos atletas importantes que estará na loita polos postos de honra. Xunto eles, Roberto Vieiro do C.A. Santiago e Brais Prieto do Durango Kirol conformarán este pelotón de destacados marchadores.

Esta cita servirá como último test importante de cara a establecer a lista de seleccionados e seleccionadas que representarán a Galicia no Campionato de España do vindeiro día 10 de febreiro no Vendrell.

Compartir: