Ourense ultima os preparativos para o seu absoluto

Este vindeiro fin de semana a Pista Cuberta de Ourense, vivirá a súa gran festa atlética da tempada en interior ca disputa do Campionato de Galicia Absoluto e Sub 23 que xuntará a un importante número de atletas.

A partir das 10:30 horas do domingo máis de 600 atletas femininos e masculinos tomarán parte nesta edición trixésimo cuarta na procura dun bo rexistro co cal poder satisfacer as distintas aspiracións de cada un deles e delas.

Haberá como é costume nesta cita, moita emoción e igualdade nas probas,  favorecéndose o feito de que este ano se decidira incluir a competición no calendario nacional ca finalidade de favorecer a presenza de atletas importantes.

Por parte destacada galega contaremos ca actuación da mundialista absoluta Solange Pereira nos 800 m. e nos 1.500 m. e que xunto ó olímpico Jean Marie Okutu en lonxitude e a internacional en triplo Ruth Ndoumbe darán cartel a esta importante cita.

Como atletas comunitarios destacados confírmase a presenza do gran valor luso do medio fondo, a atleta Sub20 cuarta sobre os 1.500 m. nos mundiais da súa categoría de Tampere, Mariana Machado quen tomará parte nos dos 800 m. e dos 1.500 m.  compartindo distancias con outra das destacadas, a francesa nas ringleiras do Celta Feminino, Alice Marie Finot.

Xunto elas e eles estarán tamen algúns dos atletas importantes así como os máis emerxentes do noso atletismo entre os que salientamos a Lucía Sicre do Ría Ferrol quen tomará parte nos 800 m.; El Medhi el Naboaui do C.D. San Paio A Estrada quen o fará sobre os 3.000 m.; Eva Queimaño do A.F. Celta no concurso de altura; Mauro Triana do Playas de Castellón sobre os 200 m.; Alejandro Fernández do Ourense At. nos 3.000 m.;  Adolfo Sainz Maza do R.C.Celta sobre  a pértega, altura e 60 valados; Andrea González da S.G. Pontevedra en peso; Olaia Guisela Becerril do A.Femenino Celta en lonxitude e Paula Iglesias do Riazor Coruña nos 400 m. entre outros e outras.

CADENCIA E HORARIOS DEFINITIVOS

Compartir: