Resultados en directo  

A Copa marcha para Vigo e Pontevedra

Atletismo Femenino Celta con 79 puntos e Sociedad Gimnástica de Pontevedra con 88 puntos proclamáronse no día de hoxe campións da XV Copa de Galicia en Pista Cuberta que se desenvolvería nas instalacións de Expourense baixo un gran ambiente deportivo.

Unha vez máis o equipo masculino pontevedrés revalidaría o título copeiro que leva gañando nas últimas sete edicións, ó mesmo que as atletas do Celta Feminino que de igual modo, repiten título por cuarta vez consecutiva.

Xunto ós campións masculinos, estarían ocupando postos de podio o Atletismo Narón con 72,5 puntos e o Atletismo Santiago con 68 puntos,  sendo a Sociedad Gimnástica con 78 puntos e o Ría Ferrol con 72,5 puntos os que farían o propio na categoría feminina.

A tónica dominante sería o gran ambiente nas bancadas e a loita mantida na pista polos equipos participantes que estarían pelexando ata a última proba do encontro. Como mostra desa gran igualdade na categoría feminina, a copa decidiríase por tan só un punto de diferencia.

Compre salientar o triunfo feminino celeste logo do abandono por lesión na proba dos 800 m. da atleta Ruth Carrera que faría sumar cero puntos a formación que preside Paula Mariño. Non menos meritorio sería tamén por parte viguesa pero masculina, a súa remontada ata casi rozar o podio malia a descalificación de David Ngwudile nos 200 m. e na que o Atletismo Santiago non deixaría pasar a oportunidade de seguir facendo historia e medrando no deportivo ó facerse ca terceira praza.

Por parte do equipo pontevedrés os triunfos parciais virían da man de Carlos Porto sobre os 1.500 m. con 4:04.58, Joao Alexandre Riveiro nos 60 m. valos con 8.31, David Ferrer en lonxitude con 6.85 m. , Santi Ferrer en pértega con 4.50 m., Víctor Gallego en peso con 15.93 m. así como a proba de relevos que sería gañada cun rexistro de 4:37.74.

No tocante ó Atletismo Feminino Celta as súas victorias virían da man de Alice Marie Genevieve Finot nos 1.500 m. cun excelente rexistro de 4:18.09, Elvira Okutu en lonxitude con 5.12 m., Eva Queimaño en altura 1.56 m., Bea Viteri en pértega con 3.41 m. e  equipo de relevos con 5:29.55.

Por último e como colofón a nivel individual, a atleta do Fontes do Sar (onte competindo co RÍA) Nerea Iglesías establecería unha nova plusmarca Sub18 na proba dos 60 m.lisos cun rexistro de 7.79 mellorando os 7.82 que ela mesma tiña dende o pasado 23 de decembro.

Resultados

Resumo XV Copa de Clubs

Compartir: