O Trail gaña importancia no noso atletismo

O pasado día 26 de xullo o Consello Superior de Deportes publicou un importante e definitivo acordo sobre a identificación das carreiras de montaña e das “Trail Running” no que clarificou que as competencias, ata os 2.000 metros de altitude, corresponden á Federación Española e Galega de Atletismo e nón á Federación Española de Deportes de Montaña.

Con este importante paso, a FGA asume o reto de potenciar esta disciplina que ven experimentando un medre moi significativo no seu número de participantes nos últimos anos e que a nivel autonómico xa conta ca celebración dun Campionato de Galicia, tanto de Montaña, habitualmente organizado en Esgos, como de Trail.

Malia todo elo, dende a Federación Galega de Atletismo quérese seguir impulsando esta modalidade sobre a que se desenvolverán varios e importantes proxectos. O primeiro deles será o estudo e debate sobre a confección dunha Selección Galega de Trail que poida representar a nosa comunidade en encontros oficiais como xa o fan as seleccións de marcha, de pista, de campo a través de combinadas e de menores.

I Encontro Intercéltico de Trail

Sen lugar a dúbidas un dos acontecementos máis notorios a nivel atlético desta modalidade será a celebración do I Encontro Intercéltico de Trail ó que a Federación Galega foi convidada oficialmente a tomar parte a través de Pierre Weiss (actual membro da IAAF e anterior Secretario Xeral do citado organismo) xunto a Isla de Man, Cornwall, Brittany, Walles, Ireland e Scotland,  e que segundo Hornillos “representa unha excelente oportunidade deportiva tanto para o noso atletismo como para ós nosos e nosas atletas de cara a poder competir contra atletas doutros países e culturas e coñecer o nivel do noso deporte” ainda que sinalaría“ loxicamente para elo teremos primeiro que estudar a súa viabilidade económica para que se tome a decisión tanto na Xunta Directiva como da Comisión Delegada da FGA”.

Todo un conxunto de medidas que contribuirán a impulsar definitivamente a este sector en auxe no noso deporte.

Compartir: