Saltar ao contido
Atención
As inscricións para os Campionatos Xunta de Galicia en Pista péchanse cunha antelación de dúas semanas
Federación

Nova composición da Xunta Directiva da FGA

Continúanse perfilando as distintas áreas e estructuras internas da Federación Galega de Atletismo neste novo mandato. Isidoro Hornillos, presidente da FGA e profesor da Universidadade de A Coruña, rematou a composición da Xunta Directiva que acompañarán ó ex atleta olímpico en Moscú 80, nesta nova lexislatura que acaba de principiar.

Lalo Gómez, vicepresidente primeiro 

No apartado de vicepresidencias sitúase ó fronte Eladio Gómez experto en marketing e empresario do sector deportivo. Xuíz, atleta e presidente do Club Deportivo Aurum, iría gañando importancia e proximidade no entorno federativo nos últimos anos. El ocupará a vicepresidencia primeira sendo o responsable da coordinación con todos os estamentos atléticos.

Catro vicepresidencias

Ramiro Cillera será outras das incorporacións. Licenciado en ADE pola USC, este empresario dos Seguros e do Téxtil e presidente do C.D. San Paio a Estrada, ocupará a Vicepresidencia Deportiva.

Iván Sanmartín, Licenciado en Educación Fisica é o actual delegado da FGA en Santiago. Este técnico de deportes do concello de Ames é o principal impulsor do atletismo na capital galega e asume a Vicepresidencia de Estrutura Territorial.

Jesús Vázquez , Vicepresidente da Área de Relacións Institucionais e Sociais. Mestre especialista en Educación Física, cursa na actualidade o grao en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, sendo profesor de primaria. Conta con experiencia na xestión e adestramento deportivo en diferentes modalidades.

Ramón Tasende, asume a Vicepresidencia da Área de Formación. Este histórico atleta internacional dos anos 70, preolímpico en Munich 1972,  leva toda a súa vida vencellado ó atletismo en distintas facetas, entre elas a de adestrador. A nivel laboral ocuparía varios postos en áreas no Concello da Coruña.

Catorce vogais: atletas, directivos, xuíces e adestradores

Nas área de vogais están representados todos os estamentos do atletismo galego sendo nada menos que cinco os presidentes de clubs que formarán parte deste novo proxecto directivo aportando a súa visión e capacidade.

José Antonio Álvarez, inxeñeiro en Telecomunicacións e presidente do Ourense Atletismo, José David García, presidente do C.A. Millaraio, Diego González, Enxeñeiro Naval, e presidente do Club Pinarium de Marín, Miguel Soto Castiñeira, Enxeñeiro Técnico en Informática e responsable de Decathlon, é o actual presidente del C. A Naron, Ángel Serantes, especialista e asesor fiscal é Presidente do Real Club Celta Atletismo e adestrador.

Importantes atletas internacionais tamén estarán presentes no novo organigrama

Rosa Sierra Palmeiro, Licenciada en Matemáticas e en Educación Física, foi marchadora internacional na década dos 90. Actualmente á atleta Máster.

Julia Vaquero Licenciada en Educación Física. A histórica e lexendaria atleta galega asume este cargo para aportar a súa experiencia e coñecementos.

Esther Pedrosa, técnica deportiva, desenvolve a súa actividade profesional no servizo de deportes da USC. Atleta Máster con máis de doce medallas en competicións europeas e mundiais.

Teresa Castro, Licenciada en Medicina. Exerce como médico en Vimianzo acadando como atleta Máster o último subcampionato mundial por equipos.

Veteranía, capacidade e unha dilatada experiencia

Santiago Ferrer, profesor de ensino secundario.  Este adestrador nacional seguirá aportando e sumando dende a súa calidade de xuíz e atleta como xa o fixera tanto na área técnica como nas distintas comisións nas que tomaría parte.

Eloy Bretal operario da industria conserveira e xuíz nivel III. É o actual presidente do Comité Galego de Xuíces.

Carmen Torres profesora de instituto dos seus ciclos formativos. Esta xuíz olímpica nivel IIII sería a Directora do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

A maiores contarase ca incorporación de Flor Currás, funcionaria do ensino secundario, profesora de inglés e experta en Comunicación así como a do experto e Licenciado en Economía Juan Guerrero Pascual, quen a nivel laboral ocupa o cargo de asesor empresarial.

A eles sumamos os distintos membros que xa integraban algúns dos cargos de organización e responsabilidade da FGA entre os que se atopa Carlos Castro, Licenciado en Educación Física e actual Secretario Xeral;  Madó González, Doutora en Psicoloxía e Directora Técnica; Yolanda González, Diplomada en Empresariais e actual Tesoureira;  Dolores Rojas, Licenciada en Psicoloxía e Xerente; Julio Santiago, Adestrador, xuiz, atleta e Responsable de Carreiras Galegas; Paulino Cartelle, militar de profesión e Delegado da FGA en Ferrol;  David Ferrer, Licenciado en Educación Física e Delegado federativo en Pontevedra;  Ángel Fidalgo, funcionario do Estado e Delegado da FGA en Ourense;  José Manuel Rodríguez, Licenciado en Dereito e Delegado da FGA en Lugo; Manuel Rodríguez, traballador do sector da construcción e Delegado en Valdeorras, e por último Miguel Martínez vinculado ó mundo deportivo en varias disciplinas e Delegado en Vigo.

Compartir