Concentración de Nadal do sector de Marcha

Dende ós días 2 ó 5 deste mes estase a desenvolver unha concentración do sector de Marcha na cidade de Pontevedra, incluida dentro do Plan Estratéxico Galego de Tecnificación Atlética 2018/2019

O responsable do sector de Marcha, Carlos Morales, convocaría a un total de 20 atletas para estas xornadas na que destacaría entre outros aspectos “a diversidade xeográfica dos marchadores que proceden de quince clubs distintos”. A maiores quixo por en valor o feito de “a enorme motivación dos asistentes xa que para a maioría esta é a súa primeira convocatoria“.

As xornadas de adestramento e distintos test, virían acompañadas de actividades como a charla que impartiría a marchadora internacional Carmen Escariz quen quixo estar nesta concentración antes de emprender a súa viaxe de volta a Irlanda, onde se atopa de Erasmus.

Xunto ó responsable de Marcha, estarían colaborando entre outros os técnicos Javier Vázquez, Maika Jueguen e Adolfo Fernández.

Compartir: