XXXIV Campionato de Galicia Absoluto – Sub23 en Pista Cuberta

A Asemblea Xeral da FGA pechou o ano ca súa convocatoria en Compostela

O atletismo galego celebrou na tarde de onte nun fermoso paraxe, o Parador dos Reis Católicos (Santiago de Compostela),  a Asemblea Xeral da FGA que ten carácter anual. Cos habituais puntos do orde do día: actas, calendarios, orzamentos, normativas, propostas…, desenvolveuse a xuntanza nunha ambiente constructivo que facilitou notablemente o debate e os acordos.

Foron bastantes os asembleístas que asumían por primeira vez a responsabilidade de representar aos seus Estamentos. Tras a benvida do presidente da FGA e facer un minuto de silencio en memoria das persoas finadas no último ano que tiveron vinculación directa co atletismo galego e tras aprobar as actas de anteriores xuntanzas, Isidoro Hornillos fixo un repaso xenérico do acontecido no último ano e da situación do atletismo galego.

Na súa intervención, o presidente da FGA destacou as actuacións internacionais dos atletas galegos; ás dos clubs, tanto nas diferentes ligas como a nivel de base; as actividades do Comité Galego de Xuíces e adestradores. Tamén fixo repaso da evolución das licenzas que seguen medrando de forma moi positiva en todos os estamentos; a ampla actividade desenvolta anualmente con 368 competicións oficiais en Galicia; tamén á situación das instalacións e medidas do Plan Galego da FGA 2018-2022, entre outros.

Os seguintes puntos, estudo das propostas dos asembleístas e  orzamentos, incluído o custo de licenzas, foron tratados e, nos casos necesarios, sometidos a aprobación por parte dos representantes. Todos eles gozaron do respaldo da Asemblea Xeral. Dous deles foron a aprobación, como novidade no atletismo galego, da licencia de Ruta/Trail Running e a licenza de organizador.

Atención especial tivo o debate en torno a o calendario de competicións e normativa en xeral. Tras á defensa que fixo a Directora Técnica e recoller as propostas dos asembleístas alcanzouse un consenso.

A xuntanza da Asemblea Xeral Ordinaria rematou con rogos e preguntas nas que houbo mencións a moitos aspectos do atletismo galego, xerando un debate construtivo.

A continuación se celebrou, como único punto na Orde do Día, a Asemblea Extraordinaria de modificación de Estatutos da FGA, aprobándose tamén a reforma. Na mesma se recoñece a especialidade de Trail Running entre as disciplinas da FGA, seguindo os pasos da Federación Internacional (IAAF) e Real Federación Española de Atletismo.

Tras elo o presidente da FGA despediuse de todos os representantes, desexando un feliz ano 2019.

Compartir: