Intensa actividade a que a o atletismo galego vivirá este último fin de semana do ano no tocante a xuntanzas e competicións.
Para comezar, o sábado desenvolverase no Hostal dos Reis Católicos de Compostela a Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria da FGA , estando convocados un total de 73 membros que acudirán en representación dos estamentos de atletas, xuíces, adestradores e clubs. Nesta xornada que dará comezo as 16:30 horas, debatiranse todos aqueles aspectos importantes que marcarán as liñas mestras de actuación do atletismo galego no tocante a organización, calendario, orzamentos e demáis propostas presentadas polos asambleístas.
V Campionato de Galicia de Combinadas por Clubs
Noutro orden de cousas o sábado e domingo na Pista Cuberta de Ourense, acontecerá o V Campionato de Galicia de Probas Combinadas por Clubs na que tomarán parte un total de dez formacións dende as categorías Sub16 en adiante. As entidades que confirmaron a súa presencia son as do Real Club Celta e Atletismo Femenino Celta, Sociedad Gimnástica, A.Viguesa de Atletismo, C.A. Millaraio, Atlética Lucense, Ourense Atletismo, Atletismo Narón, Franciscanos de Lugo e Atletismo Deza.
Circular Modificada Campionato de Galicia de Clubs de Combinadas Pista Cuberta