XXXIV Campionato de Galicia Absoluto – Sub23 en Pista Cuberta

Éxito da concentración de fondo e medio fondo

Continúan a desenvolverse as distintas actividades do Plan Galego de Técnificación Atlética en cada un dos distintos sectores. En concreto e aproveitando estas datas do Nadal,  estase a desenvolver estes días baixo a dirección do responsable do sector de Medio Fondo e Fondo da FGA José Manuel Peña, unha concentración na Pista Cuberta de Ourense.

A esta cita, na que están tomando parte tanto atletas como adestradores, a tónica dominante está a ser tanto o formidable ambiente de traballo como o compañeirismo existente. Da mesma maneira no día de hoxe contaríase ca presencia do atleta internacional Miguel González Carballada quen estaría compartindo unha charla co grupo de concentrados e na que se falaría entre outros temas tando dos valores do deporte, como da xestión do éxito deportivo.

Concentración do sector medio fondo e fondo

Compartir: