Continúase a traballar nunha normativa que regule os adestramentos na Pista Cuberta de Ourense para as nosas e nosos atletas. Como consecuencia do relevo producido á fronte da Secretaría Xeral para o Deporte, vaise demorar a normativa de uso da instalación, establecéndose o seguinte protocolo de xeito transitorio:
Os Clubs ou persoas físicas federadas que queiran adestrar na pista de atletismo, no horario fixado no regulamento (de luns a venres de 17:00 a 21:30 e sábados e domingos de 10:00 a 14:00), terán que facer unha solicitude previa á Federación Galega de Atletismo con dous días de antelación ó uso da pista, enviando un correo electrónico a secretaria@atletismo.gal que comprobará a condición de atleta federado/a.
As solicitudes para os adestramentos en fins de semana terán que ser remitidas con data límite o xoves anterior antes das 20:00 horas ó mesmo correo da FGA.
Débese ter en conta que a instalación non conta con ningún material dispoñible de adestramento nestes intres, estando á espera da xuntanza a manter con Xunta e Expourense para abordar estas e demáis cuestións organizativas.
Importante: A pista permanecerá pechada dende o 21 de xaneiro ata o 20 febreiro.
Modelo de solicitude uso Pista Cuberta de Ourense (word)