Prestixio e categoría para os nosos/as xuíces

O día 4 de decembro o Consello da IAAF xuntado en Mónaco,  acordou aprobar a composición do novo panel de Xuíces de Marcha para o período 2019/2022 e na que figura a xuíz Dolores Rojas Suárez logo de superar con éxito as distintas reválidas. Con esta confirmación, a coruñesa que leva instalada no mesmo de maneira inenterrompida dende o ano 2002, continúa no máximo nivel outros catro anos máis.

Ca publicación deste novo panel, confírmase así mesmo ó Xuíz Guillermo Sandino, no Panel Europeo para o mesmo periodo.

Compartir: