Esta fin de semana darase o pistoletazo de saída ás fases clasificatorias da VII Liga ABANCA na que un total de 93 equipos e preto de mil nenas e nenos están chamados a tomar parte.
As probas que darán comezo as 10:00 horas tanto nas pistas de Elviña da Coruña como nas do CGTD de Pontevedra, xuntarán a un importantísimo número de clubs participantes femininos e masculinos das categorías Sub10, Sub12 e Sub14, que loitarán por ser unha das formacións clasificadas para a fase final do vindeiro día 22 de decembro na pista cuberta de Ourense. A seguinte fin de semana disputarase a outra fase clasificatoria entre os equipos das provincias de Lugo e Ourense.
Os clubs gañadores de cada encontro serán os que teñán acceso directo á final, decidíndose as outras cinco prazas, por puntuacións contrastadas cas marcas acadadas en cada fase.
As formacións que toman parte no día de mañá son:
Provincia A Coruña (Pistas Universitarias Elviña, A Coruña)
Sub10 Masculino: Club Atletismo Sada, Coruña Comarca, C.A. Narón, Marineda Atlético, Noitebra, Riazor Coruña, Atlética A Silva, Millaraio, Ría Ferrol, Compañía de María e Fontes do Sar
Sub10 Feminino: Club Atletismo Sada, Coruña Comarca, Marineda Atlético, Riazor Coruña, Atlética A Silva, Millaraio, Ría Ferrol, Compañía de María e Fontes do Sar
Sub12 Masculino: Club Atletismo Sada, Coruña Comarca, C.A. Narón, Marineda Atlético, Riazor Coruña, Atlética A Silva, Millaraio, Ría Ferrol, Compañía de María e Fontes do Sar
Sub12 Feminino: Club Atletismo Sada, Coruña Comarca, C.A. Narón, Marineda Atlético, Riazor Coruña, Atlética A Silva, Millaraio, Ría Ferrol e Fontes do Sar
Sub14 Masculino: Club Atletismo Sada, Coruña Comarca, C.A. Narón, Riazor Coruña, Atletismo Carballo, Millaraio, Ría Ferrol, Compañía de María e Fontes do Sar
Sub14 Feminino: Club Atletismo Sada, Coruña Comarca, C.A. Narón, Marineda Atlético, Riazor Coruña, Atletismo Carballo, Atlética A Silva, Millaraio, Ría Ferrol e Fontes do Sar
Provincia Pontevedra (Pistas CGTD, Pontevedra)
Sub10 Masculino: R.C. Celta, Pinarium, Agrupación Viguesa de Atletismo, Atletismo A Estrada, Vila de Cangas, C.A. Cuntis e Sociedad Gimnástica de Pontevedra
Sub10 Feminino: Atletismo Femenino Celta, A.D. Mazí, Club Atletismo Cambados, Atletismo A Estrada, C.A. Cuntis e Sociedad Gimnástica de Pontevedra
Sub12 Masculino: R.C. Celta, Agrupación Viguesa de Atletismo , A.D. Mazí, Club Atletismo Cambados, Vila de Cangas, C.A. Cuntis e Sociedade Gimnástica de Pontevedra
Sub12 Feminino: Atletismo Femenino Celta, Agrupación Viguesa de Atletismo, Club Atletismo Cambados, Vila de Cangas, C.A. Cuntis e Sociedad Gimnástica de Pontevedra
Sub14 Masculino: R.C. Celta, Agrupación Viguesa de Atletismo, Vila de Cangas, C.A. Cuntis e Sociedad Gimnástica de Pontevedra
Sub14 Feminino: Atletismo Femenino Celta, Agrupación Viguesa de Atletismo, Club Atleismo Cambados, Vila de Cangas, C.A. Cuntis e Sociedad Gimnástica de Pontevedra