VII Liga Galega de Inverno de Categorías de Menores ABANCA – Fase Lugo – Ourense

Catro galegos e galegas no Campionato de Europa de Campo a Través

A Real Federación Española de Atletismo acaba de facer pública a selección que acudirá ó Campionato de Europa de Campo a Través que se desenvolverá na localidade dos Países Baixos de Tilburg o vindeiro día 9 de decembro de 2018.

Na relación composta por un total de corenta atletas integrantes dos sete equipos que compitirán sobre circuíto europeo, se atopan catro galegos e galegas.

Na categoría de relevo mixto está seleccionada un ano máis a mundialista e campioa Iberoamericana dos 1.500 m. deste ano, Solange Pereira quen intentará repetir ó podio por equipos como xa fixera o ano pasado na localidade eslovaca de Samorin onde acadaría o bronce. Xunto a de Cangas estarán nesta categoría os atletas, Saúl Ordóñez, Esther Guerreo e Víctor Ruiz.

Na categoría Sub23 Carmela Cardama abandonará momentaneamente a súa estancia nos E.E.U.U. para tomar formar parte do equipo hispano que intentará mellorar o quinto lugar conseguido na edición continental pasada e na que lembramos, a viguesa ocuparía o posto dazaoito da xeral. O resto do combinado que competirá na categoría Sub20 está formado por Celia Antón, Paula González, Claudia Estévez, Lucía Alvarez e Idaira Prieto.

Por último, os outros dos galegos convocados serán Adrián Ben e Tariku Novales. O lucense quen lidera o equipo Sub23 intentará desquitarse da súa ausencia do ano pasado por unha inoportuna apendicite. Todo parece indicar que o medallista nos 1.500 m. do europeo de Grosseto, se achega nun excelente estado de forma no que haberá que agardar do que é capaz de facer sobre a lama da cidade flamenca.

Tariku Novales da mesma maneira, acude a este escenario ca difícil misión de defender o excelente título continental por equipos colleitado o ano pasado. O subcampión europeo en Grosseto dos 5.000 m. formará tandem con Adrián Ben na categoría Sub23 e na que xunto os galegos estarán Ignacio Fontes, Amin Houkmi, Andrés Jiménez e Pablo Sánchez.

A nivel de seleccións, España intentará mellorar o quinto posto no medalleiro da edición pasada na que voltaría cun total de cinco medallas

Un xuíz galego como acompañante da Selección

Noutro orden de cousas o Xuíz coruñés de nivel III (Xuíz Árbitro) Guillermo Sandino, será quen acompañe á Selección xunto ó resto de Delegación oficial desprazada. Lembramos que recentemente este mesmo xuíz sería o número un da súa promoción no exame de acceso a esta categoría.

Selección Española

Compartir: