VII Liga Galega de Inverno de Categorías de Menores ABANCA – Fase Lugo – Ourense

Antía Chamosa e Juan Morales abren os títulos absolutos da tempada

Antía Chamosa e Juan Manuel Morales proclamaríanse esta fin de semana gañadores do XVI Campionato de Galicia de Marcha en pista que se desenvolvería en Narón. Os dous marchadores que xa o ano pasado acadarían excelentes resultados (subcampionato do mundo Máster para o coruñés e citas mundialistas en China e Finlandia para a pontevedresa) confirmarían a súa condición de favoritos, estando acompañados no podio por Mar Chillón e Leyre Aramburu así como por Roberto Vieiro e Brais Prieto na categoría masculina.

Esta edición, que abriu os campionatos autonómicos nesta tempada, estivo marcado pola intensa chuvia que condicionou o desenvolvemento da proba. Malia elo 128 marchadores e marchadoras desafiarían as inclemencias para disputar estas primeiras medallas autonómicas que depararon os seguintes gañadores e gañadoras:

  • 1.000 m. Sub10. Sheila Varela (Ourense A.) 6:21.3 e Tomas Bautista (A. Porriño) 6:03.2
  • 2.000 m. Sub12. Sabela Castro (A.V.Cangas) con 11:20.2 e Alex Sierpes (A. Trega) con 11:11.5
  • 2.000 m. Sub14. Xela Martínez (E.A.Lucense) 10:19.27 e Pablo Sánchez (E.A.Lucense) 9:55.40
  • 5.000 m. Sub16. Antón Martínez (E.A.Lucense) 27:13.31
  • 3.000 m. Sub16. Silvia Ramos (A.Ourense) 17:25.35
  • 5.000 m. Sub18. Nerea Lage (A. Friol) 27:36.32
  • 5.000 m. Sub20. Iria Rivas (Ría Ferrol) 26:21.30 e Roberto Vieiro (A.Santiago) 22:46.21
  • 5.000 m. Sub23. Antía Chamosa (A.Valladolid) 25:47.54 e Brais Prieto (A. Durango) 23:40.62
  • 5.000 m. Absoluta. Antía Chamosa (A. Valladolid) 22:27.74 e Juan Morales (Marineda A.) con  25:47.54
  • 5.000 m. Máster 35. Juan Morales (Marineda A.)  22:27.74
  • 5.000 m. Máster 40. Conchi Campos (A.Cuntis) 28:44.29
  • 5.000 m. Máster 45. Manuel Polo (A.Narón) 27:45.08
  • 5.000 m. Máster 50. Pedro Abeledo (A.Narón) 28:28.30

Resultados

Cadro de medallistas

Compartir: