XXXIV Campionato de Galicia Absoluto – Sub23 en Pista Cuberta

Uns Campionatos de Galicia máis competitivos

Este ano tanto o Campionato de Galicia Absoluto en Pista Cuberta que se desenvolverá en Ourense o vindeiro día 20 de xaneiro, como o Campionato de Galicia Absoluto en Aire Libre, cuxas datas e ubicación aínda non están determinadas, contarán ca importante novidade de estar formando parte do calendario nacional de probas da RFEA.

Con esta medida preténdese gañar tanto en calidade como en competitividade abrindo a participación a atletas de nivel doutras comunidades. Nestos intres, estase a traballar na elaboración dunha normativa que regule a súa participación compatible cos intereses dos atletas galegos e galegas.

A IAAF recúa na seu controvertido método de clasificación.

Noutro orden de cousas a IAAF comunicaría recentemente que o sistema de clasificación por puntos para tomar parte nos grandes eventos atléticos, e que sustituiría o tradicional sistema de marcas mínimas, queda en suspenso por tempo indefinido polo que para o Campionato do Mundo de Doha seguirase co método habitual de marcas.

Lembramos que o máximo organismo internacional do atletismo pretendía establecer un circuíto de probas puntuables cuxa participación nas mesmas outorgara unha serie de puntos, sumados os cales, permitira participar nas grandes citas mundiais ós mellores das mesmas.

Compartir: