Seguimos ca analise en canto a récords galegos batidos da tempada 2017/2018 centrándonos nesta última entrega na modalidadede de ruta.
Nesta disciplina bateríanse un total de 23 récords galegos (10 mulleres e 13 homes) o que representa casi un 9% do total acadado durante a pasada tempada a nivel xeral. De novo e polo seu número, volve a salientar o atletismo Máster quen establecería algo máis dun total do 65 % das melloras autonómicas
Na categoría absoluta Paula Mayobre logrou as plusmarcas galegas tanto sobre os 5 km. como sobre os 10 k. con 16:48 e 33:19 respectivamente. A nivel masculino o subcampión de Europa sobre os 5.000 m. en Grosseto no 2017 Tariku Novales, establecería en Castellón a finais do ano 2017 un rexistro de 14:11 sobre os 5 km. Este mesmo atleta sería xunto con Esther Pedrosa na categoría Máster (formidable tempada da compostelá con oito medellas entre europeos e mundiais) os que máis figuran na táboa de récords mellorados con tres cada un.
A distancia preferida polos atletas de ruta foi sen lugar a dúbidas os 5 km. se temos en conta que sería a que máis veces se actualizaría con oito, seguida dos 10 km. con seis.
Nas probas longas, Sonia Teijeiro e Pedro Nimo, quen tomou parte este ano no Campionato de Europa de Berlín sobre a proba de maratón, conseguirían nas súas categorías melloras na mítica proba dos 42,195 km. Ramón Villar con 10:29:43 faría o propio ca plusmarca galega Máster 50 nos 100 km.
Por último, a marchadora mundialista Sub20 en Temper Antía Chamosa, logrou no mes de xullo batir o récord autonómico da súa categoría sobre os 20 km. Marcha ó igual que sobre a milla faría o tamén internacional, Adrián Ben na Sub23.