O Atletismo Galego decide o seu futuro

No día de hoxe terá lugar no INEF Galicia as 17:30 horas a Xunta Extraordinaria da Asemblea Xeral da Federación Galega de Atletismo. Nela decidirase tanto o futuro Presidente do atletismo autonómico como a Comisión Delegada do ente deportivo.

Un total de setenta e tres membros serán os que terán que decidir mediante voto entre as candidaturas de Isidoro Hornillos, quen opta a un terceiro mandato no organismo federativo, e a de Joaquín Pérez quen acude en calidade de candidato logo do seu recurso diante do Comité de Xustiza Deportiva.

A Federación Galega de Atletismo sería constituída en Vigo o 27 de marzo de 1921, estando dirixida durante as súas distintas etapas por un total de 17 rexidores.

Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria

Desenvolvemento da Sesión Constitutiva da Asemblea Xeral

Presidentes FGA

Compartir: