XXXIV Campionato de Galicia Absoluto – Sub23 en Pista Cuberta

Xornada de competición formativa de Marcha atlética

O domingo día 11 de novembro celébrase a I Xornada de Competición Formativa Galega de Marcha nas pistas do CGTD de Pontevedra. A esta cita poderán acudir os distintos atletas federados, sendo o eixo central da mesma, a formación dos distintos estamentos de xuíces/atletas/adestradores de cara ó Campionato de Galicia de Marcha de Inverno.

As probas formativas darán comezo as 10:45 horas (1.000 m. Sub10); 11:00 horas (2.000 m. Sub12); 11:25 horas (2.000 m. Sub14); 11:50 horas (3.000 Sub16) para rematar as 12:20 horas co resto de categorías sobre 5.000 m.

Todos aqueles interesados en tomar parte na mesma deberán contactar co Responsable do Sector de Marcha da FGA Carlos Morales.

Compartir: