IX Copa Deputación Lugo – 1ª Xornada

Resumo tempada 2017/2018: Récords de Pista Cuberta

Continuamos co resumo dos récords galegos batidos ó longo da tempada 2017/2018 e na que logo de ter analizado o aire libre a semana pasada, hoxe imos falar da pista cuberta.

Para comezar, compre facer referencia da importancia que supuxo a inauguración da nova pista de Ourense cuxa construción daría resposta as demandas que dende facía moitísimo tempo viña facendo o atletismo galego. A dotación da máis moderna tecnoloxía e calidade puxo a Galicia á vangarda do atletismo mundial neste sector o que lle permitirá nun futuro, organizar probas de primeirísimo nivel nacional e mesmo mundial.

Todo elo viría acompañado dun medre importante de resultados, xa que serían batidos un total de 104 novos récords galegos correspondendo o 47,11% á categoría feminina e o 52,8% á masculina. Da importancia que representou a nova pista cuberta fala o feito de que un 50,9% foran acadados no recinto deportivo ourensán.

Ana Peleteiro, referente actual a nivel mundial do noso atletismo

A nivel de rexistros destaca o récord galego absoluto de Ana Peleteiro en triplo salto con 14.40 m. que lle serviría para acadar a sensacional medalla de bronce nos Campionatos do Mundo que Birminghan no mes de marzo. A tempada da internacional de Riveira foi espectacular establecendo durante a campaña nada menos que tres récords galegos nesta especialidade. Non menos importante foi a campaña de Saleta Fernández quen no concurso de altura elevaría o récord galego absoluto ata o 1.84 m. Estas dúas atletas compartirían ademáis tanto o título de campioas de España baixo teito como o liderato nacional no ránking das súas respectivas probas.

No resto de categorías de novo o lucense Adrián Ben deixou evidencias da súa calidade ó batir e liderar o ránking nacional na proba dos 3.000 m. Sub23 con 8:04.08. Na proba dos 800 m. o seu récord galego de 1:49.42, serviulle para estar de segundo lugar no top nacional na súa categoría.

Si hai un sector que acada importancia nesta especialidade ese é o dos Máster con nada menos que 77 récords batidos o que representa un 74% do total de novas plusmarcas. Destacamos os récords nacionais de José Vicente Rioseco nos 800 m. Máster 75 con 2:45.75 e nos 1.500 con 5:34.55; José Miguel López nos 60 valos Máster 60 con 9.51; Esther Pedrosa nos 3.000 m. Máster 55 con 10:44.51, e o de Emilia Mesa en peso Máster 65 con 9.46 m. Emma Valencia e Luz María Domínguez con seis récords galegos serían as atleta Máster quen sobre os valados e sobre os 400 m e 800 m. respectivamente, superaría un maior número de rexistros,

A maiores un importante número de atletas encabezaron os seus ránkings nacionais: Erea Bastón do Vila de Cangas en peso Sub14 con 11.14 m., Hugo García da Gimnástica nos 3.000 m. Sub16 con 9:00.56, El Mehdi El Nabaoui do C.D.San Paio A Estrada nos 3.000 m. Sub18 con 8:33.77; Anxo Blanco da Gimnástica en Triplo Sub20 con 15.62 m.; Carmela Cardama do Comesaña nos 3.000 m. Sub23 con 9:23.8.

Récords Galegos batidos Pista Cuberta

 

Compartir: