IV Congreso Técnico Galego de Xuíces de Atletismo

O Teatro Principal de Pontevedra será escenario o vindeiro día 17 de novembro do IV Congreso Galego de Xuíces de Atletismo organizado polo Comité Galego de Xuíces.

Este congreso que de maneira ininterrompida se ven desenvolvendo bianualmente dende o ano 2012, constitúe un marco perfecto para expoñer e analizar as novidades dadas no regulamento internacional de atletismo, sendo de igual modo un referente a nivel nacional por tratarse do único que é organizado por unha federación territorial. A maiores, e durante a xornada de duración, poderase presenciar distintas ponencias nas que se falará entre outras, do pasado e presente da pista cuberta ou os modos de actuación en lanzamentos. A cita servirá tamén para homenaxear ós xuíces con mais de trinta anos de antigüidade.

Todas e todos aqueles interesados en acudir terán ata o día 1 de novembro para formalizar a súa inscrición.

Inscricións 

Programa

Compartir: