Joselyn Brea e Alex Fernández, reafírmanse en Santiago

A capital de Galicia daría acollida esta fin de semana a unha das probas máis importantes do calendario de ruta. A celebración da clásica XLI Carreira Popular Pedestre de Santiago botaría a andar como todos os anos por estas datas con milleiros de participantes, enchendo as principais rúas do concello e convertindo a Santiago no epicentro do atletismo galego.

Como xa o fixeran en Coruña 10, tanto Joselyn Brea como Alex Fernández resultarían gañadores desta edición confirmando o seu excelente estado de forma e na que xunto eles e compartindo podio, estaría Esther Navarrete e Alice Finot así como por Manuel Hurtado e Iván Roade.

No resto de categorías o cadro de gañadores sería o seguinte:

Categoría Absoluta: Joselyn Brea e Alex Fernández

Categoría Junior – Promesa: Paula González e Pablo Monteagudo

Categoría Senior A: Joselyn Brea e Iván Roade

Categoría Senior B: Clarisse Maria Pinho e Alex Fernández

Categoría Máster A: María Jesús Gestido e Juan Antonio Gude

Categoría Máster B: Lidia Pereira e José Carlos Adán

Categoría Máster C: Araceli Veiga e Ramiro Pérez

Categoría Sub18: Sara López e El Mehdi el Nabaoui

Categoría Sub16: Deki Mato e Hugo García

Categoría Sub14: Xela Martínez e Brais Picón

Categoría Sub12 : Andrea Dapia e Damián Suárez

Resultados e novas

Compartir: