No día de onte faríanse entrega dos premios correspondentes ó V Circuito de Carreiras Populares da Deputación da Coruña na sede do citado organismo público. Ó acto acudirían boa parte dos premiados así como membros da Deputación que destacarían o excelente nivel tanto deportivo como organizativo deste evento.
O circuíto de Carreiras Populares da Deputación da Coruña formado por un total de 30 probas e organizado pola Federación Galega de Atletismo, constitúe o evento máis importante destas características de todas cantas se celebran en Galicia, representando ademáis dunha importante oferta atlética, un excelente elemento vertebrador entre os distintos Concellos da provincia.
Os gañadores absolutos desta quinta edición serían Rocío Alvite e Amador Pena quenes reeditarían o triunfo do ano anterior.
Palmarés do Circuíto de Carreiras Populares da Deputación da Coruña