Resultados

A IAAF encumbra ó Gran Premio Cantones de Marcha

A IAAF acaba de facer pública a relación das probas, no apartado de marcha en ruta, máis importantes do mundo. Nela, o XXXII Gran Premio Internacional de Marcha Cantones de A Coruña organizado pola Federación Galega de Atletismo, figura no terceiro lugar xusto por detrás tanto do Campionato do Mundo de Marcha por Nacións desenvolto en China o pasado 5 de maio como do Campionato Nacional de Xapón (Kobe Japanese Race Walk Championships) do día 18 de febrero e practicamente ca mesma valoración.

Este baremo confeciónase cada ano polo máximo organismo internacional de atletismo, en base a uns criterios cuantificables, a través dos cales outórgase unha puntuación que avalía as excelencias de todas cantas probas se organizan a nivel mundial deste tipo.

Esta excelente posición, súmase ós importantes galardóns e distincións acadados polo Gran Premio Cantones cuxo nivel organizativo ven sendo considerado nos últimos anos como o mellor de todos cantos se desenvolven no calendario RFEA.

Clasificación IAAF

Palmarés G.P. Cantones

Compartir: