Resultados

A Coruña 10 despega

No día de onte A Coruña viviría unha das súas importantes citas pedestres ca disputa da XII Coruña 10 na que máis de 4.000 participantes encherían as principais rúas do Concello herculino.

Na categoría masculina o triunfo correspondería o ouresán Alex Fernández do Ourense Atletismo quen marcaría un rexistro de 29:58 e que inscribiría o seu nome no palmarés como xa o fixera nas edicións dos anos 2012 e 2013. Xunto él estarían no podio Víctor Poyuelo con 30:01 e Alejo Ares do ADAS Proinor con 30:08.

Xa na categoría feminina emocionantísima carreira a protagonizada polas irmáns Edymar e Yoselyn Brea quenes acadarían as primeras posicións cun crono de 33:57 e 33:58 respectivamente. Paula Mayobre do Clinica Dental Seoane Pampin que quen xa gañaría no anos 2015, teriase que conformar coa terceira posición.

Ademáis dos resultados acadados na categoría absoluta, salientamos un novo récord nacional máster 55 da santiaguesa Esther Pedrosa quen cun rexistro de 38:30 pon practicamente punto e peche a unha tempada chea de triunfos. Seguindo no apartado de récords José Manuel Fernández do ADAS Proinor, establecería un récord galego máster 50 logo de invertir un rexistro oficial de 32:49

Resultados

Compartir: