Resultados –  Streaming XXXII Campionato de España Máster en Pista Cuberta

Ata este mércores para inscribirse en Coruña 10

Ca tempada xa tocando prácticamente ó seu fin, A Coruña preparase para dar acollida a unha das probas máis importantes do calendario oficial de ruta.

Será o vindeiro día 7 de outubro cando arranque polas principais rúas da vila a edición número doce da clásica Coruña10 no que se agarda este ano batir récords de participantes. Seguindo co carácter integrador que a caracteriza, estará novamente aberta a participación de atletas con cadeiras de rodas quenes tomarán parte xunto ó resto das distintas categorías.

Os importantes premios económicos da proba que irán dende os 800 € para os primeiros clasificados/as ata os 150 € para os oitavos/as,  animarán a suceder no palmarés ós gañadores do ano pasado que terían nas figuras de Abdelhadi El Mouaziz con 30:27 e Solange Pereira con 34:40 os seus líderes

Lémbrase que ata o mércores 26 poderase formalizar a inscrición na proba, cunha cota de 5 euros. Unha vez finalice este prazo, e até as 23.59 horas do día 30, abrirase unha segunda quenda extraordinaria na mesma plataforma, sendo a cota de 8 euros.

Inscricións

 

 

Compartir: