Saltar ao contido
Atención
Debido á alerta pola onda de calor o inicio do Gran Premio Cidade de Vigo se atrasa unha hora
Campionato Internacional

Marea galega nos mundiais Máster

Un importante número de atletas Máster de Galicia tomará parte durante os días 4 ao 16 no Campionato do Mundo de Aire Libre que terá por escenario o Estadio de Atletismo da cidade de Málaga.

Coma sempre que un evento destas características sucede preto da nosa comunidade, a expectación xerada foi moi importante nun colectivo de atletas moi activo que conta cada vez con máis peso e importancia no noso deporte.

Entre os  que se achegarán ata a cidade andaluza, destaca a presenza dun importante elenco de medallistas e plusmarquistas mundiais entre os que se atopan entre outros  Pepín Rioseco, Luis Nogueira,  Sole Castro, Mari Ángeles Rodríguez ou Emilia Mesa. O obxectivo non será outro que tentar subir o listón e mellorar os recentes éxitos do noso deporte nos europeos de pista cuberta que se desenvolveron no mes de marzo en Madrid.

Lembramos que o último Campionato do Mundo correspondería ao ano 2016 en Perth (Australia) onde Soledad Castro lograría un bronce na proba de Medio Maratón e a que acudirían un total de catro galegos.

Málaga 2018

Relación atletas galegos e galegas inscritos

Compartir