Resultados en directo

Presenza galega nos Iberoamericanos

Atrás queda xa o histórico campionato de Europa para o atletismo galego onde unha nova xeración de atletas irrompería na elite continental.

Presente e futuro foron da man nun acontecemento que serviría para dar relieve a un deporte que conta cunha importante canteira de atletas detrás dos cales adestradores e clubs están a desenvolver un inxente traballo. De novo todos eles, contarán ca oportunidade de reivindicarse a nivel internacional na disputa dos Xogos Iberoamericanos.

Nesta cita, que terá por escenario a cidade peruana de Trujillo, tomarán parte 25 atletas durante os días 24 ó 26 de agosto e na que as atletas galegas Solange Pereira, Lidia Parada así como Jean Marie Okutu estarán competindo. No apartado técnico, Javier Medrano tamén viaxará ata a cidade sudamericana.

Os tres representantes galegos, que veñen de tomar parte nos Campionatos de Europa, acuden con moitísimas gañas de facer un bo papel e de por un broche de ouro a esta tempada.

A de barbanza tomará parte na proba de xavelina sendo a proba raíña dos medio fondo, os 1.500 m. onde contará ca presencia de Solange Pereira. Jean Marie Okutu, quen sería seleccioado a última hora, competirá na lonxitude.

Esta convocatoria súmase a gran cantidade de atletas galegos que tomaron parte nesta competición ó longo da súa historia e cuxa primeira edición (Chile, 1960) contaría xa ca presenza de Carlos Pérez.

Selección Española

Compartir: