V Festa do Atletismo Galego – Peregrina 2020

(las notificaciones de bajas hasta el 12 de agosto al correo  atleriasbaixas@gmail.com)        STREAMING

Alvaro Valle deixa o atletismo logo de máis de trinta anos

Durante estes días facíase pública a través das Redes Sociais a despedida dun dos técnicos e directivos máis coñecidos do noso atletismo. Álvaro Valle, deixará logo de trinta anos de dedicación, entusiasmo e paixón as pistas de atletismo para centrarse na súa vida familiar e persoal.

Personaxe querido e coñecido, asumiría ó longo destes anos o papel de adestrador e directivo pasando pola súas mans un importantísimo e destacado número de atletas dinamizando de igual modo, o importante tecido atlético da comarca. Na tarefa de xestor destacaría por presidir o Atletismo Narón, baixo cuxo periodo a entidade loita por consolidariase na Primeia División do atletismo nacional.

A decisión que xa era coñocida pola directiva do club dende fai tempo, contou en todo momento co seu apoio e respaldo.

Dende a FGA queremos recoñecer o excelente traballo e aportación, así como a gran dedicación e xenerosidade amosada durante todos estes anos na comarca de Ferrolterra e no atletismo galego.

Moitísimas grazas e moita sorte Álvaro!

Compartir: