Resultados

Prata por equipos para Nimo nos Europeos

Un novo capítulo de excelencia escribiríase no día de onte no Estadio Olímpico de Berlín para o atletismo galego. O último dos participantes nos Campionatos de Europa de Atletismo Pedro Nimo tomaba a saída na proba de Maratón xunto a un destacado equipo hispano que aspiraba ó podio por países.

O de Santiago que viña cun rexistro de 2:15:12 acadado no mes de novembro en Donostia, foi quen de plantexar unha carreira moi intelixente na que logo de invertir un rexistro de 2:18:43 remataría nun fantástico vixésimo segundo lugar nunha proba gañada polo belga Naert con 2:09:51.

A actuación de Pedro Nimo iría unida a do resto dos componentes do combinado nacional e na que xunto a Javi Guerra (4º, con 2:12:22), Jesús España (6º, con 2:12:18) e Raúl Santiago (16º, con 2:17.24) darían a España a medalla de prata por equipos pechando uns magníficos campionatos para o atletismo galego.

Resultados

Compartir: