Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos Sub16 – Sub18 – Sub20

42º Trofeo de Campo a Través San Miguel de Oia

Berlín terá acento galego

No día de hoxe dará comezo a gran cita atlética da tempada na capital alemana ca disputa dos Campionatos de Europa de Atletismo. Durante os días 6 ó 12 deste mes, os afeccioados estarán pendentes das evolucións dun importante número de atletas que no caso galego, contarán cunha nutrida participación composta por seis deportistas que aportarán un peso importante dentro do conxunto de expedicionarios. Cara estes campionatos pártese con moito optimismo e motivación, e no que Ana Peleteiro figura  como unha das serias candidatas ó titulo continental. A pupila de Iván Pedroso tomará parte no concurso de triplo, tendo acreditado este ano un rexistro de 14.55 m. que supuxo unha MMP para a de Barbanza así como e un récord galego de absoluto. Tomará parte nas clasificatorias o día 8 as 11:05 horas.

Xunto a ela, o resto de galegos e galegas serán os seguintes:

Lidia Parada da Atlética Barbanza adestrada por Abelardo Moure, tomará parte no concurso de xavelina. Ten acreditada este ano unha marca de 61.25 m. que supuxo un novo récord galego. O seu concurso será o día 9 as 12:30 horas.

Adrián Ben Montenegro do F.C.Barcelona adestrado por Arturo Martín tomará parte nos 1.500 m. Ten acreditados este ano unha MMP de 3:39.40 tomando parte nas clasificatorias o día 8 as 12:05 horas.

Solange Pereira Da Ponte do Valencia Esports e adestrada por Juan del Campo e Luis Miguel Martín tomará parte nos 1.500 m. Ten unha MMT de 4:08.52 sendo a súa MMP de 4:06.39. Correrá a primeira rolda o día 10 as 12:00 horas.

Jean Marie Okutu do F.C. Barcelona adestrado por Javier Medrazo tomará parte no conurso de lonxitude. Ten acreditado este ano unha MMT de 8.01 m. sendo a súa MMP de 8.17 m.  O seu concurso abrirá a participación dos galegos, sendo o día 6 as 16:35 horas.

Pedro Nimo del Oro do 3RUN by PedroNimo e adestrado por Antonio Serrano será o noso representante na proba da Maratón. Ten acreditado esta tempada un rexistro de 2:15:12 sendo a súa MMP de 2:12:10. Tomará parte na mítica proba o día 12 as 10:00 horas.

Web Campionato (EN)

 

Compartir: