Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos Sub16 – Sub18 – Sub20

42º Trofeo de Campo a Través San Miguel de Oia

Granollers agarda a Selección Galega Absoluta

Esta fin de semana a Selección Galega Absoluta acudirá a Granollers para tomar parte no XLIII Campionato de España de Federacións Autonómicas onde se medirá os mellores combinados do Estado. Nesta importante cita, o equipo de Catalunya está chamado novamente a proclamarse campión nunha edición na que veñen dominando claramente dende as súas orixes.

Facendo un pouco de historia, o primeiro ano de celebración deste certame sería 1976 onde as distintas federacións tomarían parte a un atleta por proba. Dous anos despois, no 1978, faríase un segundo encontro en sedes distintas para os equipos que tomaban parte xa na segunda categoría.

Con varios formatos de competición ó longo do tempo, no ano 2012 unificaríanse as categorías dando pé a que cada selección participe cun equipo feminino e masculino nun único encontro e no que as sumas de ambos determina a posición final das Seleccións.

A nosa Comunidade acollería no ano 2010 en Vigo a única celebración deste encontro na máxima categoría, sendo novamente Vigo no 1987, e A Coruña 1996 quenes a organizaran no grupo de prata.

En canto a triunfos, a Selección Galega gañaría os encontros masculinos de segunda división nos anos 1978 e 1982 (como Federación Provincial de A Coruña) 1991, 1996, 2002, 2005, 2007. O equipo feminino farían o propio tamén en segunda nos anos 1982 (como Federación Provincial de Pontevedra), 1996 e 2002. Os postos máis relevantes serían o segundo lugar das mulleres o ano pasado en Ciudad Real (quintos por Seleccións) e o terceiro lugar en homes do ano 2010 en Vigo.

Compartir: