Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos Sub16 – Sub18 – Sub20

42º Trofeo de Campo a Través San Miguel de Oia

Xornada de portas abertas no CGTD

Co obxecto de propiciar un coñecemento máis profundo das posibilidades que ofrece ó deporte galego, o Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra dependente da Xunta de Galicia, a Federación Galega de Atletismo organizará a través da súa coordinadora do CGTD Loli Pedrares, unha xornada de portas abertas o vindeiro luns 16 de xullo de 10:30 a 14:00 horas.

Nesta visita reservada para atletas lanzadores nados nos anos 2001, 2002, 2003 e 2004 (e a que poderán asistir os pais), amosarase o centro por dentro organizándose de igual modo unha sesión de adestramento.

Aqueles interesados en acudir deberán confirmar antes do xoves día 12 as 14:00 horas a súa asistencia ó correo: direcciontecnica@atletismo.gal

Compartir: