Resultados

Samertolameu e Marineda Atlético, protagonistas no Máster de Clubs

Disputaríase no día de onte o I Campionato de Galicia de Clubs Máster ca participación de varios equipos que competirían nas pistas da Universidade de Elviña por inscribir o seu nome no palmarés desta primeira edición.

O campionato que gozaría dun día fabuloso, amosaría a consecución dun total de oito récords de Galicia así como a actuación destacada de moitos dos participantes que darían vistosidade e relieve a esta cita máster. Entre os mesmos compre salientar a presenza de atletas internacionáis absolutos que “retoman” a compitición en activo na procura de aportar o seu grao de area ós seus respectivos clubes como é o caso de Necho Fernández (internacional absoluto en xavelina) quen gañaría para o Marineda os concursos de disco e xavelina ou de Rosa Sierra (internacional absoluta en marcha na década dos oitenta) quen faría o propio nesta mesma especialidade para o Sada

Por equipos o Samertolomeu na categoría feminina e o Marineda A. na masculina, serían os gañadores compartindo podiu xunto eles respectivamente o Club Atletismo Sada e A Silva así como o Club Atletismo Santiago e o Samertolomeu.

Os récords batidos corresponderían a:

  • 800 m.
W65
3:18.22
Pilar Marquiz H.
C.A. Sada
  • 80  m.v.
W50
18.60
Isabel Bermúdez C.
A Silva
  • 100 m.v.
M50
17.39
José M. Gonta
A Silva
  • 300 m.v.
M60
47.47
Miguel López C.
Marineda A.
  • 300  m.v.
M65
1:10.11
Carlos Núñez C.
C.A. Sada
  • Altura
M60
1.48
Miguel López C.
Marineda A
  • 3.000 Marcha
W50
18:23.09
Rosa Sierra P.
C.A. Sada
  • 3.000 Marcha
W45
19:24.64
Yolanda Abellán T.
Samertolameu

 

Resultados

Foto: Rosanita

Compartir: