Resultados

Intensa e importante actividade atlética autonómica

Importantes e variadas citas son as que durante esta fin de semana se desenvolverán tanto nas pistas coruñesas de Elviña como nas viguesas de Balaídos.

Para comezar as pistas da Universidade acollerán o I Campionato de Galicia de Clubs Máster que xuntarán a 200 atletas en representación dos equipos masculinos do Samertolameu, Marineda A., C.A.Narón, A Silva, C.A.Sada, C.A. Santiago e o Beade. Por parte da categoría feminina competirán as formacións de A Silva, C.A.Sada e Sanmertolameu na procura do primeiro título deste novedoso torneo. A cita dará comezo as 11:00 h. rematando sobre as 20:40 h.

As mesmas instalacións albergarán as probas correspondentes ó Campionato de Galicia Absoluto que quedaron suspendidas a semana pasada como consecuencia das adversidades meteorolóxicas e na que os concursos de lonxitude (16.30 h.), pértega (16.45 h.), xavelina e altura (18.15 h.)  así como o triplo (19.30 h.) na categoría feminina e os masculinos de triplo (18.35 h.) e xavelina (19.50 h.) serán desenvoltos.

Por último un Encontro de Probas Combinadas será tamén protagonista nas mesmas instalacións na que tomarán parte once atletas destacando a presenza da internacional do A.F. Celta Antía Queimaño.

Por último o XXXIV G.P. Cidade de Vigo arrincará as 19:30 horas do domingo nas pistas de Balaídos ca presenza de moi boa parte dos campións de Galicia da semana pasada e na que compre a presenza do olímpico Frank Casañas en disco, Mauro Triana nos 100 m. ou a xavelinista do Barbanza Lidia Parada. A proba será unha das últimas oportunidades para acadar as mínimas esixidas para tomar parte nos campionatos de España.

Compartir: