Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos Sub16 – Sub18 – Sub20

42º Trofeo de Campo a Través San Miguel de Oia

Tres atletas galegos e un xuíz no Campionato de Europa Sub18 de Hungría

Do día 5 ó 9 deste mes acontecerá na localidade húngara de Gyor o Campionato de Europa Sub18 á que acoden un total de tres atletas galegos e un xuíz do CGX.

Iría Rivas quen competirá na proba dos 5.000 m. marcha será a máis madrugadora das galegas abrindo o campionato as 11:25 horas do xoves día 5. Tomará parte na final composta por un total de vinte catro marchadoras e na que o seu rexistro de 25:08.70 representa a décimo cuarta mellor marca das participantes.

Irene Gómez será a seguinte das galegas en entrar no estadio tomando parte no Grupo B do concurso de martelo as 12:25 horas do mesmo día. A súa marca de 59.16 m. supón a décima do seu grupo e a vixésima segunda de todas as lanzadoras sendo as doce mellores marcas quenes entren na final.

A ferrolana Lucía Sicre completará a participación galega sobre os 800 m. ás 19:06 horas na terceira serie clasificatoria. O seu rexistro de 2:10.63 sitúanna de décimo novena dun total de corenta e oito atletas sendo, de igual modo, o cuarto mellor da súa serie. Clasificarán para as “semis” as dúas primeiras de cada carreira e os tres mellores tempos.

Por último o xuiz galego Ángel López – Montesinos será o outro dos representates galegos en Gyor, acudindo en calidade de xuíz como parte do equipo técnico que a Selección Española desprazará ata a cidade húngara.

Web Campionato de Europa Sub18

Compartir: