XXXIV Campionato de Galicia Absoluto – Sub23 en Pista Cuberta

Brillaron nos seus nacionais os Máster e os Sub16

Excepcional balance o acadado esta fin de semana nos campionatos de España Máster e Sub16 na que se acadarían un total de 51 medallas entre os dous campionatos.

Principiando polo Campionato de España Sub16, un formidable rexistro de once medallas serían o que traerían os nosos atletas de Castellón, escenario do evento. Este número total de podios amosa o importante incremento no número de metais que dende o ano 2016 (5), 2017 (7) e 2018 (11) pon de relieve o excelente traballo formativo das categorías base que se está a desenvolver por toda a nosa comunidade da man dos verdadeiros impulsores do noso deporte: os adestradores.

Citando esas medallas, os ouros corresponderían para para Erik Méndez do R.C. Celta en martelo con 59.81 m.; Antía Sestelo do A.F. Celta en xavelina con 45.75; Daniel Mato do Millaraio en xavelina con 51.85 m. e para Lope Quinteiro do Vila de Cangas nos 1.000 m. con 2:35.01.

As pratas irían parar a Belén Arias do ADAS nos 300 valos con 43.88; Hugo García da SGP nos 3.000 m. con 8:56.49 e a María Pena de A Silva en xavelina con 44.90 m.

Por último non menos importantes esos catro bronces da man de Aitor Fernández da Atlética Lucense en Pértega con 3.76; David García do R.C. Celta en martelo con 56.81 m.; Nerea Lage do Friol nos 3.000 marcha con 15:01.54 e de  David Ngwudile do San Miguel de Oia nos 300 valos con 40.01.

No que atinxe ao campionato de España Máster desenvolto en Vitoria Gasteiz un total de 40 medallas (22 ouros, 12 pratas e 6 bronces) sería o balance final dos atletas galegos que acudirían ata a capital Alavesa para tomar parte no seu campionato número 52.

Emilia Mesa con tres medallas de ouro en peso, disco e xavelina e os dous récords galegos dos lanzamentos longos sería a protagonista da expedición galega na que tamén destacarían os dous ouros de Esther Pedrosa (F55) do Universidade de Santiago en 1.500 m. e 5.000 m;  Miguel Gómez (M35) do Real Club Celta quen se impondría nas probas de velocidade dos 100 m. e dos 200 m. Rosario Sureda (F50) nos concursos de altura e lonxitude e de Luz Dominguez (F55) quen faría o propio cos 400 m.e os 800 m.

A maiores estableceríanse oito récords galegos da man de Miguel López Cordal nos 300 m. v.; José Cabado (M50) nos 400 m. v.; Luz Domínguez (F55) nos 400 m.; Emilia Mesa (F65) no disco e xavelina ; David Vázquez (M35) na lonxitude; Pilar Márquiz (F65) nos 800 m. e José Bao (M60) nos 200 m.

Resultados Máster

Resultados Sub16

Compartir: