XXXIV Campionato de Galicia Absoluto – Sub23 en Pista Cuberta

A auga non puido co espectáculo no Campionato de Galicia

A climatoloxía convertiríase na protagonista do Campionato de Galicia Absoluto que se desenvolvería esta fin de semana nas pistas da Universidade da Coruña. Unha intensa tromba de auga, que alagaría boa parte da cidade, afectaría ó campionato ata o punto de ter que parar por casi unha hora o desenvolvemento do mesmo e de ter que cancelar boa parta dos concursos da segunda xornada.

Sen embargo ata ese instante, e logo da reanudación, produciríanse actuacións destacadas entre as que salientamos no sector de velocidade o dominio do mesmo por parte de Nerea Iglesias do Fontes do Sar e de Mauro Triana do Playas de Castellón, logo de impoñerse tanto nos 100 m. como nos 200 m. con 12.55 e 25.41 para a santiaguesa polos 10.66 e 22.11 do coruñés o que pon de relieve a importante progresión deste sector no atletismo galego.

Elian Nuna do Coruña sería outro dos protagonistas da xornada ratificando o excelente estado de forma polo que se atopa e impoñéndose nos 400 m. con 49.15 así como nos 800 m. con 1.52.53. Na categoría feminina o triunfo nos 400 m. sería para a atleta local do Riazor Coruña Paula Iglesias con 56.82 correspondendo o título autonómico nos 800 m. para a internacional Raquel Meaños con 2:13.30.

No medio fondo Leti Fernández do ADAS gañaría os 1.500 m. cun excelente rexistro de 4:32.71 o mesmo que o atleta internacional Tariku Novales que fiel ó seu compromiso co atletismo galego tomaría parte nestos campionatos gañando a proba con 3:51.41.

Paula Mayobre, outras das internacionais presentes, faría un carreirón nos 5.000 m. na que correndo completamente soa marcaría un crono de 16:20.63. Esteban Iglesias do Lucus faría o propio ca súa final con 14:58.82.

Nos valados curtos femininos igualdade máxina con dúas atletas compartindo a primeira posición, Alicia Merino do A.F. Celta e Antía Martínez do Ría Ferrol ámbalas dúas con 14.59. Na categoría masculina máis doado sería o triunfo para Miguel Pérez do Lucus con 14.77. Carlos Moro do Riazor Coruña un ano máis con 52.95 e Lía Caride do Ría Ferrol con 1:03.24 nos 400 m. v. serían os dominadores da distancia. Xa nos obstáculos o protagonismo sería tanto para Patricie Viadel do Universidade de Santiago como para Marcos Fernández do Rungalicia.com .

No que atinxe ós concursos dos que se poideron desenvolver, salientamos ó internacional Adolfo Sainz Maza quen dominaría a altura con 1.89 m. o mesmo que Miguel Cajaraville faría o propio ca pértega con 4.65 m. Pablo Modia do Lucus proclamaríase campión galego nun interesante concurso de lonxitude con 7.23 m.

Nos lanzamentos a nosa mundialista Belén Toimil tamén fiel a gran cita, e malia non atoparse no mellor momento por varios problemas físicos, mandaría o peso e disco ata os 15.27 m. e 43.50 m. Víctor Gallego, o carismático capitán da Gimnástica, un ano máis estaría no máis alto do podio sumando o seu enésimo título autonómico en peso e disco con 16.30 m. e 51.67 m.

O martelo tería no campión de Europa de Pista Cuberta Máster, Nacho Fernández do Celta, ó seu dominador grazas os 60.90 m. do seu terceiro intento. A tamén celeste e tamén internacional Irene Gómez non tivo problemas para imponerse neste absoluto no que mandaría o martelo ata os 52.86 m.

Xa na marcha Leyre Aramburo gañaría sobre os 5.000 m. con 24.42.6 sendo José Fernéndez do Celta quen se imporía con 22.17.73 logo de que fai vinte anos tomara parte no último campionato desenvolto na mesma instalación e na que acadaría, por aquel entón, o cuarto posto.

A maiores o campionato serviría para homenaxear as pioneiras do atletismo galego e atletismo coruñés aproveitando os cincuenta anos ininterrompidos de celebración dos campionatos femininos. Así Isidoro Hornillos presidente da Federación Galega de Atletismo,  Xulio Abalde Reitor da Universidade da Coruña e Manuel Sande Concelleiro de Cultura e Deportes do Concello da Coruña serían os encargados de entregar as placas conmemorativas a estas precursoras do noso deporte.

Compartir: