Un total de 64 son os galegos que se desplazaran ata Gijón para tomar parte no LXVI Campionato de España Sub18
Nas probas de velicidade, destacamos a Víctor Mosteiro do A. Santiago quen tomará parte nos 100 m. intentando baixar novamente dos once segundos. Xunto él Rodrigo Álvarez do RÍA Ferrol loitará por un posto na final. Completan o sector de velocidade Nerea Iglesias do Fontes do SAR sobre os 100 m. e 200 m. e Carlos Argibay do Santa Uxía Atletismo.
No medio fondo, atención a presenza das ferrolanas do RÍA Ferrol Lucía Sicre que parte como favorita, e a Irene Barreiro quen sobre os 800 m. intentará estar no top5 da final.
El Mehdi El Nabaoui do San Paio A Estrada e Sara López da Atlética Lucense centrarán a atención na proba dos 3.000 m. o igual que Lía Caride do RIA sobre os 400 valos
O concurso de lonxitude terá en Olaia Guisela Becerril do A.F. Celta a unha seria aspirante ó ouro ó mesmo que a altura terá en Raúl Cortizo da Gimnástica ó seu referente. Xa no disco Nicolás García do R.C. Celta estará de cheo na loita polas medallas grazas ós seus 55.40 m. No mesmo concurso Marcos Bouza do Beade intentará acceder á final ó igual que Cristina Freire do AVA e María Jiménez da Gimnástica quenes terán moito que decir nesta proba.
Irene Gómez en martelo ca prata ó seu alcance irá a mellorar a súa MMP de 61.55 m. Na mesma proba presenza da céltica Patricia Correa e Yago Araujo do Beade. Na xavelina baza importante para Jonathas Pereira do Cuntis e na que Andrea Botella do C.A. Santiago tentará estar sobre os 39 metros.
Por último a marcha volverá ser protagonista grazas a presenza de Roberto Vieiro do A. Santiago como un dos claros favoritos e a de Alex Novas do A. Narón como aspirante a medalla. Nas mulleres Iria Rivas do Celta terá una excelente oportunidade para estar na loita polo podio