Citas internacionais para Pereira, Casañas e Requejo

Do 27 ó 30 deste mes a localidade catalana de Tarragona será sede da disputa dos Xogos do Mediterráneo que contarán unha edición máis, con presencia galega.

No concurso de lanzamentos o pentaolímpico Frank Casañas tomará parte no concurso de disco na procura de estar porriba dos 63.50 m. que lle permitan acudir ós Campionatos de Europa de Berlín. Na categoría feminina contaremos ca participación de Solange Pereira quen está seleccionada para tomar parte nos 1.500 m. proba da que goza da mínina para acudir a capital alemana.

Noutro orden de cousas, o atleta do Real Club Celta con licenza galega José Antonio Requejo, acaba de ser seleccionado para tomar parte no Campionato do Mundo IAU 100 km que se desenvolverá en Sveti Martin Na Muri (Croacia), o vindeiro día 8 de Setembro. Xunto a Requejo acudirán como membros da selección o vasco Assier Cuevas, o andaluz José Antonio Castilla e o madrileño Daniel Hernando.

O atleta celeste intentará repetir a extraordianaria actuación de finais do ano 2014 en Doha (Qatar) onde lograría a medalla mundialista de bronce cun rexistro de 6:37:01.

Selección Cto. Mundo 100 km.

Selección Xogos do Mediterráneo

Compartir: