Excelente balance colleitado pola selección galega Sub16 nesta fin de semana no Campionato de España de Federacións Autonómicas disputado nas pistas avilesinas “Yago Lamela”
Ata alí chegou a Selección para tomar parte no campionato durante o sábado e domingo e na que por parte do equipo femenino o máis salientable sería o récord galego da atleta do ADAS Proinor Belén García Arias quen na proba dos 300 m.v. establecería un rexistro de 43.73. Con esta marca a xoven valor do ADAS sitúase líder do ránking nacional. O relevos 4×300 m. feminino e masculino serían outros dos protagonistas grazas a esos 2:49.85 que constitúen da mesma maneira un novo tope Sub16. As súas artífices serían, Carla Pérez, Carmen González, Natalia Meaños e de novo Belén García. A maiores compre falar do triunfo de Antía Sestelo na xavelina con 45.67 m. o segundo lugar de Ana Piñeiro na proba de marcha así como os terceiros lugares de Carmen González nos 1.000 m. e de Victoria Eiríz no peso e na que xunto o resto de actuacións, darían a Galicia a quinta praza nun encontro gañado por Catalunya
O equipo masculino da mesma maneira asinaría unha formidable cuarta posición tras Catalunya, Madrid e Andalucía destacando a nivel xeral o excelente comportamento e rendimento do grupo. Por resultados individuais salientar a Eric Méndez gañador do concurso de martelo, as segundas posicións de Lope Quinteiro nos 1.000 m., Hugo García nos 3.000 m. e de Nicolás Ortega no disco, así como os terceiros postos de Jorge Román nos 300 m. e do equipo de relevos 4×300 m. cuxo cuarteto integrado por Jorge Román, Aleix Díaz, Lope Quinteiro e Daniel Ngwudile acadaría un novo récord galego con 2:27.39. Excelente prestacións do relevo curto dos 4×100 quenes acadarían o terceiro lugar establecendo igualmente un rexistro de 45.74 que supón un novo récord galego da categoría. O relevo estaría formado por Javier Placer, Adrián Villares, Erik Fernández e Aléix Díaz